Thursday 25 de April de 2024

O Concello de Miño construirá un patio de xogos cuberto nas instalacións do CEIP de Bemantes


• O orzamento do proxecto, cuxa aprobación se debaterá na Xunta de Goberno Local deste xoves 9 de setembro, rolda os 30.000 euros.

• Apóstase así por mellorar a infraestrutura #ante a crecente demanda de prazas no colexio durante os últimos anos.

O Concello de Miño construirá un patio de xogos cuberto nas instalacións do CEIP de Bemantes cun orzamento total de 29.275,48 euros. A aprobación do proxecto debaterase na Xunta de Goberno Local do próximo xoves 9 de setembro.

O Concello aposta así por mellorar a infraestrutura da escola, que nos últimos anos estaba a rexistrar unha crecente demanda de prazas. As instalacións, construídas hai máis de dúas décadas, contarán cun novo espazo resgardado da choiva e que permite a entrada en clase e tamén ao edificio anexo sen mollarse.

O Concello informou do procedemento a través dunha comisión informativa este luns e debaterá a aprobación do proxecto na Xunta de Goberno Local do xoves.
Segundo explicou o alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, “lestes traballos permitirán, ademais de que a rapazada poida gozar dun espazo de xogo resgardado dá choiva e mellorar moito a funcionalidade do centro escolar de Bemantes”.

Destacou que se trata “ dunha aposta do goberno local para responder ao incremento de escolarizacións e seguir mellorando a rede de infraestruturas locais así como a calidade de vida non municipio”.